A Xunta de Goberno local aprobaba na súa reunión do pasado luns a lista definitiva das persoas aspirantes admitidas para a provisión do posto de traballo administrativo de servizos económicos, mediante comisión de servizos. Ao non constar aspirantes provisionalmente excluídos e non terse presentado emendas ás bases da convocatoria, non é preciso abrir prazo de alegacións. O acordo será trasladado á Comisión de selección para que inicie os trámites precisos para elaborar a proposta de nomeamento avaliando as dúas candidaturas presentadas.
Anuncio lista definitiva aspirantes- Administrativo Servizos Económicos