Martes, Decembro 3

Aprazada a presentación en Neda do proxecto provincial “Mulleres emprendedoras do rural”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Por motivos loxísticos, aprázase a presentación en Neda do proxecto audiovisual “Mulleres emprendedoras do rural” da Deputación da Coruña, programada inicialmente para o sábado 4 de novembro na Casa da Cultura.

O Concello informará, en canto sexa posible, da nova data do acto, que incluirá a proxección dos cinco vídeos, que buscan por en valor o traballo en distintos sectores económicos doutras tantas mulleres de concellos rurais da provincia, entre as que se atopa a nedense Leticia Iglesias de Na horta da avoa María. Tras a proxección, estaba previsto coloquio sobre o tema.

Share.

Comments are closed.