Animación musical a pé de rúa, espectáculos de maxia e atraccións de feira, protagonistas das festas de Santa María este mércores

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda celebra mañá mércores, festividade local, as festas patronais de Santa María cunha programación novamente adaptada ao contexto covid-19. Será a través de moita animación musical a pé de rúa, espectáculos de maxia para os máis pequenos da casa e atraccións de feira.

Así, a partir das 13 e ata as 15 h, as rúas de Neda converteranse en escenarios improvisados para as actuacións das charangas Santa Compaña e Os Charangos, do cuarteto De Aquí e Acolá e a formación Berros do Castro. Bo humor e ambiente festivo para a xornada.

Ademais, o Mago Antón trae a Neda o seu espectáculo  “A volta en Galicia en 313 concellos”. Haberá funcións pola mañá no parque do Principiño (11,30 h; 12,30 h e 13,30 h) e de tarde no adro da igrexa de Santa María (17 h; 18 h; 19 h; 20 h e 21 h). As prazas por sesión están limitadas a 30 espectadores e cubriranse in situ por orde de chegada (a partir das 10,30 h). Unha proposta que conta co patrocinio da Xunta a través do programa Cultura no Camiño.

Por último, o adro da igrexa de Santa María volverá a acoller as atraccións de feira. Permanecerán neste espazo ata o domingo no esperado regreso dos feirantes ás celebracións populares.

Share.

Comments are closed.