Domingo, Novembro 3

Amplíase o prazo de inscrición nos obradoiros do programa Mocidade Activa

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O prazo de inscrición nos obradoiros do programa Mocidade Activa que impulsan conxuntamente os concellos de Neda, Fene e Mugardos amplíase ata este venres ás 14 horas. Están dirixidos a mozos e mozas de entre 12 e 16 anos e celebraranse durante o mes de xullo. Neda acollerá un obradoiro de drons os días 13, 14 e 15 na pista do Roxal. A participación é completamente gratuíta e as persoas interesadas deben anotarse a través do correo servizos.sociais@fene.gal ou, excepcionalmente, de forma presencial no centro municipal de Servizos Sociais fenés previa cita nos teléfonos 981 34 26 07 e 981 49 27 06 (de luns a venres de 10 a 14 h). A ficha pode descargarse AQUÍ

Así mesmo, a programación tamén inclúe talleres de lettering e de Youtube e Tik Tok en Fene e Mugardos.

Mocidade Activa ten como finalidade favorecer a cohesión social do grupo para poder traballar mediante actividades como as descritas. Estas aprovéitanse para reflexionar e sensibilizar sobre as adicións  con sustancias ou comportamentais, creando  espazos de experimentación, de libre expresión  e de creatividade propia, sen esquecer nunca a diversión.

Share.

Comments are closed.