Venres, Novembro 13

Ampliado ata finais de outubro o prazo para apuntarse no curso de prevención de riscos no fogar

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda amplía ata fin de mes o prazo para inscribirse nun curso de prevención de riscos no fogar, dirixido especialmente aos maiores da localidade. A iniciativa de formación e divulgación desenvolverase finalmente en novembro en distintos emprazamentos do municipio, sempre que se formen grupos. O obxectivo, identificar posibles perigos para así evitar accidentes domésticos.

A administración local impulsa esta proposta coa axuda da Deputación da Coruña, buscando axudar a garantir a seguridade e o benestar da veciñanza. Así, ao longo das oito sesións previstas en cada sede avaliaranse as situacións máis frecuentes de risco, aportaranse recomendacións para evitar incidentes que, na poboación de máis idade, poden ter consecuencias graves, e daranse pautas de actuación en caso de emerxencia.

O Concello propón inicialmente contar con catro grupos que se reunirán en distintos emprazamentos da localidade. Así, os luns e mércores as sesións terían lugar no local social de Anca, a partir das 16:00 horas, e no Roxal, a partir das 18:00 h; e os martes e xoves sería a quenda da Casilla do Puntal, ás 16:00 h e do centro cívico de Neda, dende as 18:00 horas.

As persoas interesadas en participar neste Curso de prevención de riscos no fogar deberán apuntarse canto antes na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 981380039. As prazas son limitadas.

Share.

Comments are closed.