Luns, Novembro 29

Agotadas nunha hora as prazas para a segunda ruta guiada do programa municipal “Descubrindo Neda”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

En apenas unha hora, o Concello de Neda cubría as prazas para participar na segunda ruta guiada do programa “Descubrindo Neda”. Nesta ocasión, unha andaina circular con punto de partida nas inmediacións do Pazo de Isabel II e un itinerario pola contorna máis natural do municipio. Celebrarase o vindeiro mércores 18 de agosto, a partir das 19 horas.

Neste caso, o percorrido alcanzará os muíños Taxonera e da Barcia, a Fervenza, o miradoiro de Viladonelle, o castro e a igrexa de San Andrés. Un itinerario en plena natureza para contemplar algúns dos máis singulares recursos naturais e patrimoniais da localidade. Desta volta, a dificultade é media, cunha duración de 2 horas para cubrir os 4 quilómetros previstos.

Share.

Comments are closed.