O Concello de Neda vén de adxudicar á empresa Arias Infraestructuras as obras de acondicionamento de tres camiños no Empedrón. Nas mesmas investirá algo máis de 30.000 euros, que a Administración local financiará con cargo ao POS+ Adicional da Deputación da Coruña.
A intervención contempla a pavimentación do camiño de baixada da AC-115 a Empedrón; o camiño de Empedrón dende o IES Fernando Esquío ata a AC-115, e o camiño do Empedrón dende o instituto ata a ribeira do Xuvia.