O Concello de Neda vén de adxudicar os traballos de pavimentación de tres camiños na parroquia de Anca: o camiño do Carballal -na zona do Roxal-, dos Foxos e o vial de acceso á pista polideportiva de Anca. Trala avaliación das ofertas presentadas no concurso público aberto pola Administración local, a empresa Canarga facíase co contrato, ó concorrer coa oferta económica máis vantaxosa. Así, o Concello investirá nas tres intervencións unha partida de 67.718,99 euros, procedentes do orzamento municipal.
Os traballos contemplarán a roza das marxes, a limpeza de cunetas, rebacheo dos puntos máis deteriorados e aglomerado asfáltico en quente dos viais, logrando así unha solución máis duradeira no tempo que, á larga, permite reducir os gastos de mantenemento.