Adxudicada a renovación das varandas de protección das beirarrúas do Poulo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda adxudicaba esta semana o proxecto de substitución das barreiras de protección peonil das marxes exteriores das beirarrúas da AC-862 entre o Portazgo e o Poulo, en Xuvia. Unha actuación destinada a minimizar o risco de caída dos viandantes, tendo en conta o desnivel existente nalgún punto coas parcelas e vivendas da zona.

A firma Señalizaciones Norte SL será a encargada de acometer a intervención na que se investirán un total de 43.265 euros, con cargo ao POS + 2024, que financia a Deputación da Coruña (a obra saíu a licitación en xullo por algo máis de 55.000 euros). Trátase dunha mellora comprometida polo goberno local e moi demandada pola veciñanza, dado o deterioro das varandas existentes, froito da oxidación, e o feito de que mesmo hai tramos nos que xa faltan.

Colocaranse en total 119 metros de novas barreiras, repartidas en cinco tramos, que terán “aspecto análogo ao actual, resoltas en aceiro co axeitado tratamento” para garantir a súa duración.

O contrato adxudicado inclúe a desmontaxe, fabricación e colocación dunhas barreiras novas que, ademais de reforzar a seguridade viaria, permitirán mellorar a imaxe da zona.

Share.

Comments are closed.