Admitidos todos os menores preinscritos no campamento municipal de verán “Neda concilia 2026”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de publicar a listaxe oficial de nenas e nenos admitidos no campamento gratuíto de verán “Neda concilia”, que se desenvolverá durante todo o mes de xullo nas instalacións do CEIP San Isidro. Desta volta, ao ser a oferta de prazas (90) superior á demanda existente (89) non foi preciso baremar, e admitíronse a totalidade das solicitudes de preinscrición presentadas.

As familias deberán agora formalizar a inscrición entre o luns 15 e o xoves 18 de xuño. Na biblioteca municipal facilitarase a documentación que deberán cubrir e entregar nese mesmo servizo municipal no prazo sinalado, en horario de 9 a 13 h e de 17 a 20 h.

O xoves 25 de xuño, a partir das 20 horas, convócase na Casa da Cultura unha reunión para informar sobre o desenvolvemento do campamento municipal.

Listado de menores admitidos no campamento Neda Concilia 2026

Share.

Comments are closed.