Mércores, Abril 23

Aberto o prazo para solicitar cita en Neda para a unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os veciños/as de Neda que teñan en propiedade tractores e outro tipo de maquinaria agrícola, de obras e servizos poderán pasar a Inspección Técnica de estes vehículos no municipio a segunda semana de decembro.  O día 12 dese mes, de 16.15 a 18.00 horas, instalarase a unidade móbil 3 da ITV no aparcadoiro disuasorio do Roxal.

Segundo apuntan dende Supervisión y Control (SYC Applus+), concesionaria do servizo, as persoas interesadas en realizar no municipio a revisión dos seus vehículos agrícolas ou de obra xa poden solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou na web www.sycitv.com.

As ITV móbiles para vehículos agrícolas permiten mellorar a seguridade viaria e protexer o medio ambiente, facilitando á veciñanza que dispón destes vehículos a posibilidade de pasar a revisión sen saír da localidade, sen ter que facer desprazamentos máis longos.

Share.

Comments are closed.