Aberto o prazo para pedir cita para pasar a inspección técnica de vehículos agrícolas en Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda informa de que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas visitará o municipio o próximo 12 de marzo. Será o día prestando servizo, na contorna da pista polideportiva de Anca.

Os veciños/as da localidade que teñan en propiedade tractores e outro tipo de maquinaria agrícola, de obras e servizos poderán pasar a ITV sen facer longos desprazamentos nin saír da localidade. Desta volta, o servizo estará operativo de 9 a 13:30 horas.

Segundo informa dende Supervisión y Control (SYC Applus+), as persoas interesadas en pasar a inspección dos seus vehículos agrícolas no municipio poden solicitar cita previa chamando ao teléfono 981928080 ou a través da web www.sycitv.com.

Share.

Comments are closed.