Aberto o prazo de presentación de instancias para concorrer ás 2 prazas de administrativo/a convocadas polo Concello de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Coa publicación no Boletín Oficial do Estado, e tras facelo no BOP e no DOG, as persoas interesadas en optar as dúas prazas de administrativo convocadas polo Concello de Neda poderán presentar a súa solicitude para participar no proceso. Dende mañá e por espazo de 20 días naturais. Un trámite a realizar no rexistro xeral municipal ou a través da sede electrónica. Así mesmo, a convocatoria e as bases poden consultarse na web municipal.

O sistema de provisión será o de concurso oposición en quenda libre. As dúas prazas de administrativo corresponden ao grupo C1. Unha con funcións de rexistro, atención ao público, cultura, deportes e contratación, e a outra, tarefas vencelladas aos servizos económicos.

A elas poderán presentarse persoas cun mínimo de 16 anos, con nacionalidade española ou doutros estados da UE, e coas capacidades e aptitudes necesarias para o desempeño das tarefas. Deberán dispor do “título de bacharelato, técnico ou  equivalentes” e o CELGA 4 ou estean en condicións de obtelos antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

A fase de concurso aportará un máximo de 40 puntos (experiencia previa + formación específica) e os outros 60 obteranse na fase de oposición (suposto maioritariamente práctico). Haberá unha segunda proba de idioma destinada exclusivamente a quen non poida acreditar doutro xeito o coñecemento da lingua galega.

BASES

Share.

Comments are closed.