Aberto o prazo de inscrición nas xornadas de lecer “Ocioverán” para a rapazada de Neda, Fene e Mugardos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

As instalacións do CEIP San Isidro acollerán os días 26 e 28 de xuño pola mañá a actividade denominada “Ocioverán”. Trátase dunha proposta gratuíta de lecer, incluída no programa de prevención de conductas de risco “Reforzo educativo + ocio”, que desenvolven conxuntamente os concellos de Fene, Mugardos e Neda, e que vai dirixida a rapaces de entre 9 e 16 anos das tres localidades.

Nesas dúas sesións, que se desenvolverán en horario de 10 a 14 horas, proporase á rapazada distintas actividades, concibidas para favorecer a participación e a interacción. A oferta incluirá xogos recreativos ao aire libre, un campionato de globos de auga, unha festa da escuma, e distintos obradoiros creativos como, por exemplo, talleres de orientación espacial, de disfraces ou de fotografía de espazos naturais.

“Ocioverán” contará cun máximo de 20 prazas, que se adxudicarán por rigorosa orde de inscrición. Para participar cómpre anotarse, enviando este formulario, ao correo electrónico servizos.sociais@neda.gal. O prazo estará aberto ata o 24 de xuño ou ata esgotar prazas.

O programa de lecer saudable conta co apoio da Consellería de Sanidade e será un apoio puntual para facilitar a conciliación de vida familiar e laboral.

Matrícula Neda (1)

Share.

Comments are closed.