Domingo, Novembro 3

Aberta a inscrición para participar en Neda na charla para familias sobre adolescencia e adiccións

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda acollerá o vindeiro 12 de xuño, a segunda das xornadas informativas sobre adiccións entre a mocidade incluídas no programa “Máis que un teito”. O obxectivo é mellorar a información existente para favorecer a prevención na contorna familiar das condutas adictivas.

Tras unha primeira entrega, na que se aportaron pautas para detectar a existencia dun problema de adiccións (con ou sen substancia) e se buscou mellorar as habilidades de xestión, comunicación e xestión familiar, na segunda charla abordarase dende un enfoque actual a relación entre “Adolescencia e adiccións”.  A cita, para a que está aberto o prazo de inscrición, terá lugar o vindeiro luns na Casa da Cultura, a partir das 18 horas.

O director de Asfedro, Gerardo  Sabio, será o encargado de proporcionará información actualizada, e baseada na evidencia, sobre as adiccións, tendo en conta que a baixa percepción existente do risco que representan o consumo de substancias e comportamentos adictivos. Falará ademais do proceso de desenvolvemento dos adolescentes, das conductas de risco e das interferencias no proceso de maduración cerebral.

A charla vai dirixida a pais e nais con fillos e fillas adolescentes ou pre adolescentes, e a entidades sociais. Forma parte do programa de prevención familia que impulsan conxuntamente os concellos de Fene, Mugardos e Neda, co apoio da Consellería de Sanidade. Para participar, cómpre inscribirse previamente  nos teléfonos 981342607 ou 981492706 (Centro de Servizos Sociais de Fene) ou a  través do mail servizos.sociais@fene.gal. As prazas son limitadas e cubriranse por  orde de inscrición.

Share.

Comments are closed.