Xoves, Outubro 28

Aberta a inscrición nos obradoiros do programa Mocidade Activa que impulsan os concellos de Neda, Fene e Mugardos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A pista do Roxal será escenario dos talleres de drons e de skate

Neda, 22 de xuño de 2021. A pista do Roxal acollerá no mes de xullo dous obradoiros de drons e skate dirixidos a mozos e mozas de entre 12 e 16 anos. No primeiro caso, os días 13, 14 e 15 e, no segundo, os días 17, 18 e 19. Será no marco do programa Mocidade Activa, que impulsan conxuntamente os concellos de Neda, Fene e Mugardos co apoio da Consellería de Sanidade. Así mesmo, a programación tamén inclúe talleres de lettering e de Youtube e Tik Tok en Fene e Mugardos. A inscrición para todos eles está aberta a través do correo servizos.sociais@fene.gal ou, excepcionalmente, de forma presencial no centro municipal de Servizos Sociais fenés previa cita nos teléfonos 981 34 26 07 e 981 49 27 06 (de luns a venres de 10 a 14 horas ata o 28 de xuño). A ficha pode descargarse neste enlace : FICHAINSCRICION.

Os requisitos para a formación de grupos é reunir un número mínimo de 8 participantes e un máximo de 10. De non alcanzar o grupo mínimo realizarase a actividade noutra localidade segundo a demanda recollida, e as prazas cubriranse por orde de inscrición.

Mocidade Activa ten como finalidade favorecer a cohesión social do grupo para poder traballar mediante actividades como as descritas. Estas aprovéitanse para reflexionar e sensibilizar sobre as adicións  con sustancias ou comportamentais, creando  espazos de experimentación, de libre expresión  e de creatividade propia, sen esquecer nunca a diversión.

 

Share.

Comments are closed.