Martes, Decembro 3

Aberta a inscrición no obradoiro “Ti si que es un bo peixe!” para incentivar o consumo de peixe e marisco entre os máis pequenos da casa

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda acollerá a próxima semana os obradoiros de alimentación saudable “Ti si que es un bo peixe!”, cos que se busca que nenos e nenas aprecien e coman peixes e mariscos. Unha iniciativa que impulsa a Consellería do Mar en colaboración co Concello.

O taller celebrarase o mércores 18 de agosto, de 10 a 11 h, no pavillón do CEIP San Isidro, dirixido ao público infantil de entre 3 e 14 anos. As prazas son limitadas, e a inscrición pode formalizarse luns 16 e martes 17 de agosto no teléfono 981 39 02 33.

A través dos mesmos, adquirirán coñecementos sobre as diferentes especies de peixes e mariscos e as súas propiedades nutricionais, tallas mínimas ou artes de pesca. Para isto, emprégase unha linguaxe próxima e a música, material didáctico e incluso realidade virtual.

Share.

Comments are closed.