Mércores, Febreiro 21

A Xuntanza de Palilleiras de Neda regresará ao pavillón municipal Ale de Paz o 17 de febreiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Cunha boa perspectiva de participación, a 18ª “Xuntanza de Palilleiras de Neda. Presente, pasado e futuro do arte do encaixe” celebrarase o sábado 17 de febreiro no pavillón municipal Ale de Paz. Organizada pola Asociación Filigrana, volverá contar un ano máis co apoio de Concello, Deputación e Artesanía de Galicia. Aínda coa inscrición aberta ata o vindeiro 10 de febreiro, segundo avanza a entidade organizadora, a previsión é igualar e mesmo superar as cifras de participación do pasado ano, cando se reuniron no municipio máis de 400 palilleiras procedentes de toda Galicia.

O guion do encontro tampouco variará a fórmula de edicións anteriores, e a xornada arrincará ás 11:00 horas co acto de inauguración oficial, presidido polo alcalde, Ángel Alvariño. Así, o público poderá achegarse ao labor das palilleiras, e coñecer as diferentes técnicas, ata as 13:30 horas, e tras un parón para o xantar, a xuntanza retomarase ás 16:00 horas, ata as 18:00 h. Unha cita para apreciar un labor artesanal e con oficio.

Share.

Comments are closed.