A Xunta de Galicia vén de comunicar que, a partir de hoxe, o sistema de reservas nos albergues públicos de peregrinos como o de Neda queda pechado, así como as reservas dos grupos burbulla e de calquer grupo, pasando, polo tanto, a ser como sempre foi a acollida aos peregrinos. Ademais, lembra que o aforo mantense ao 30% da ocupación ata novo aviso.
Deste xeito, a orde de prelación para a ocupación dos albergues públicos será a seguinte:
-Peregrinos con limitacións físicas.
-Peregrinos a pé.
-Peregrinos a cabalo.
-Peregrinos en bicicleta.
-As persoas que viaxen con coches de apoio.
-Os peregrinos que inicien o Camiño no correspondente albergue.
As prazas ocuparanse por orde de chegada dos peregrinos ao albergue sen que se admitan reservas, e só se admitirá pernota por unha noite agás enfermidade ou forza maior xustificada, ata un máximo de 3 días.
O horario de apertura é as 13 h e o de peche, as 22 h.