A unidade móbil de doazón de sangue trasládase este sábado a Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos trasladarase este sábado 18 de marzo ao Concello de Neda. Permanecerá diante da Casa da Cultura de 10 a 15 horas.

Para doar sangue é preciso acudir coa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar de identificación. Así mesmo, a Axencia pon a disposición da veciñanza o número gratuíto 900 100 828 para consultar calquera dúbida.

Share.

Comments are closed.