A unidade móbil de doazón de sangue desprazarse este xoves a Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) trasladarase este xoves, 19 de setembro, ao Concello de Neda, para facilitar que a veciñanza poida doar sangue. Así, está previsto que permaneza diante da Casa da Cultura de 15.30 a 21 horas.

Poden ser doantes as persoas maiores de 18 anos que pesen máis de 50 kg, e teñan boa saúde. Para doar cómpre acudir á unidade móbil levando a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar de identificación. E haberá que informar ao médico no caso de estar tomando medicación. Ante calquera dúbida, ADOS pon a disposición da cidadanía o número gratuíto 900 100 828.

Dende o Concello se anima aos veciños e veciñas a participar e lémbrase que dunha única doazón poden chegar a beneficiarse tres persoas diferentes, xa que os distintos compoñentes sanguíneos (plasma, plaquetas e glóbulos vermellos) adoitan utilizarse por separado. Deste xeito, un só doante posibilita a recuperación de tres pacientes.

Share.

Comments are closed.