A unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas desprazarase a Neda no mes de abril

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda informa de que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas visitará o municipio o próximo mes de abril. O día 26 ofrecerá o servizo no estacionamento disuasorio de O Roxal.

Así, os propietarios deste tipo de vehículos que desexen acceder ao servizo poderán solicitar cita previa dende un mes antes. Teñen á súa disposición dúas vías: a páxina web sycitv.com ou o teléfono 902 30 90 00.

Share.

Comments are closed.