A unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas desprazarase a Neda no mes de abril

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda informa de que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas visitará o municipio o próximo mes de abril. O día 14 ofrecerá o servizo en horario de 9:00 a 13:30 horas no estacionamento disuasorio de O Roxal.

Así, os propietarios deste tipo de vehículos que desexen realizar as súas revisións en Neda poden solicitar cita previa a través da páxina web de Supervisión y Control ou do teléfono 902 30 90 00.

Share.

Comments are closed.