A unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas desprazarase a Neda en decembro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda informa de que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas visitará o municipio o próximo mes de decembro. Ofrecerá o servizo no estacionamento disuasorio do Roxal o 17 de decembro en horario de 9 a 13,30 h.

Así, os propietarios deste tipo de vehículos que desexen acceder ao mesmo poderán solicitar cita previa a partir do 17 deste mes de novembro. Teñen á súa disposición dúas vías: a páxina web www.sycitv.com ou o teléfono 902 30 90 00.

Share.

Comments are closed.