A SDR Neda celebrará o seu 50 aniversario cunha xornada festiva que incluirá un xantar popular

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A SDR Neda está de aniversario neste 2023. O clube local cumple nada máis e nada menos que 50 anos, e para celebralo, a directiva organizará unha xornada festiva na que colabora o Concello. Será o domingo 19 de febreiro, no pavillón municipal de Neda, e dará comezo ás 13:30 horas cunha sesión vermouth amenizada polo Dúo D´Ases. Unha hora máis tarde, terá lugar o xantar popular, cun menú que incluirá callos, churrascada con criollo e patacas, postre e café e as bebidas. O prezo é de 25 euros por persoa, e de 12 euros para os nenos e nenas de entre 6 e 10 anos.

As entradas xa están á venda, e pódense adquirir na cantina do clube -a data límite é o 14 de febreiro-. Ademais, a entidade pon a disposición da veciñanza os seguintes números de teléfono para atender dúbidas e consultas: 644 548 154/ 678 942 866 e 653 488 063.

Share.

Comments are closed.