O Concello de Neda inaugurará a programación de agosto do proxecto “Miúdo Verán” este xoves cunha proposta vencellada ao sétimo arte. Así, a partir das 22 horas, converterá a rúa Real nunha particular sala de cine para acoller a proxección do filme de animación “Valentina”, da cineasta ferrolá Chelo Loureiro, galardoada este ano co Premio Goya. Unha película dirixida a todos os públicos sobre a historia dunha nena con Down que ten un soño: ser trapecista. Unha historia que fala de ilusión, de diversidade, de superación…
A participación é libre, sen inscrición previa.
O programa, que organiza o Concello, conta co apoio de Cultura no Camiño, o proxecto Ler Conta Moito e a Rede Cultural da Deputación.