Domingo, Novembro 3

A Real Federación Galega de Fútbol e o Concello de Neda organizan a charla “O rol da familia no deporte de base”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Real Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Concello de Neda, organiza no municipio unha charla baixo o título “O rol da familia no deporte de base”. Celebrarase o luns 6 de xuño, a partir das 20:30 horas na Casa da Cultura. Estará impartida polo psicólogo Iván Pico, e ao remate, abrirase á participación do público, de modo que poidan expoñer as súas consultas ou dúbidas.

A entrada é libre, pero precísase de inscrición previa, e as persoas interesadas en asistir poden anotarse dende xa de forma online, na web da federación (www.futgal.es) ou presencialmente na Casa da Cultura de Neda.

 

Share.

Comments are closed.