A oficina de turismo de Neda rexistra ata setembro máis de 1.800 visitas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Máis de 1.800 persoas pasaron ata o mes de setembro pola oficina de turismo de Neda, situada xunto ao albergue de peregrinos. Coa posta en marcha do servizo, os últimos días de xuño, o Concello apostou por mellorar a información en destino que reciben os visitantes no municipio, con especial atención ás persoas que están a facer o Camiño Inglés.

Ata o 1 de setembro, foron en total 1.828 as persoas que se achegaron á caseta en busca de información sobre a localidade e do resto de Ferrolterra. As consultas máis frecuentes son as relacionadas co que se pode visitar no municipio (os principais puntos de interese), ademais das relativas a información de hostalería e restauración (onde comer, alternativas de aloxamento…)

A situación estratéxica, xunto ao albergue fai que a gran maioría dos usuarios/as sexan os peregrinos e peregrinas que optaron nos meses de xullo e agosto polo Camiño de Santiago que parte do porto de Ferrol (algo máis de 9.000 persoas nos meses de xullo e agosto). Por nacionalidades, destacan ao público alemán e ao italiano, ademais de público nacional de visita en Ferrolterra, que se interesan fundamentalmente pola Fervenza do Belelle e polo casco histórico.

Ademais da atención directa ao visitante – cun perfil similar ao do Camiño Inglés- durante este meses leváronse a cabo accións de promoción coa participación na feira Primavera no Camiño Inglés e máis en Equiocio Ferrol, eventos nos que se promocionou a Festa do Pan de Neda e máis a ruta a Compostela, que pasa pola localidade.

A oficina de turismo, habilitada co apoio da Deputación da Coruña, a través da liña de apoio específica para axudas de persoal, estará operativo ata finais de outubro.

 

Share.

Comments are closed.