Ante as dificultades para atopar socorristas que atopan os municipios costeiros cada verán, a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol convoca un curso para a obtención do certificado de profesionalidade de socorrismo en medios acuáticos naturais. Os veciños de Neda poderá beneficiarse desta iniciativa de formación para a que se abre o prazo de inscrición.
O curso, con 340 horas formativas e 80 horas de prácticas profesionais non laborais, será impartido pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), centro acreditado pola Xunta para impartir este tipo de ensinanza. Os participantes que o superen terás as competencias esixidas actualmente para velar pola seguridade dos usuarios de praias e ríos, previndo situacións potencialmente perigosas e intervir ante situacións de emerxencia.
Poderán tomar parte neste curso, financiado pola Deputación, os maiores de 16 anos, que conten como mínimo, co certificado de educación secundaria obrigatoria, e que estean empadroados en calquera dos 21 municipios que forman parte do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, entre os que se atopa Neda. Ademais terán que superar unha proba específica de acceso.
As persoas interesadas poden presentar a instancia no rexistro electrónico da Mancomunidade (mancomunidade@ferrol.es) no prazo de 8 días naturais dende a publicación das presentes bases no BOP da Coruña no día de hoxe.
Preme aquí para consultar as bases do curso e descargar o modelo de solicitude para participar.