A exposición fotográfica “Disparando con mis ojos” do ferrolán Carlos Muíños chega este martes a Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Centro cívico de Neda converterase en escenario desde mañá da colección de fotografía “Disparando con mis ojos”. Trátase dunha exposición de retratos do ferrolán Carlos Muiños, coñecido polo seu traballo nas redes sociais (@ferrolmfh) captando espazos de Ferrolterra.

A mostra inclúe unha escolma dalgúns dos mellores retratos realizados entre o 2017 e mediados do 2022, xunto con outro tomados especialmente para a ocasión. En total, preto de 20 fotografías de 50 x 70 cm.

A colección está protagonizada, en palabras do fotógrafo Ovidio Aldegunde,  por “mulleres poderosas, actuais, cos seus novos estereotipos, nun mundo certamente brutal”. Utiliza como escenario o mundo urbano o espazos naturais da zona de Ferrol e da súa comarca.

Fotógrafo autodidacta, Carlos Muiños levou por numerosos puntos de Galicia- entre outros Neda- a súa exposición sobre espazos abandonados (“Os soños esquecidos”) e leva dous anos sendo o único fotógrafo europeo en participar na mostra colectiva “Fotógrafos por el mundo”, en Perú. En 2022 tomou parte tamén na  exposición “End of the year” en Glasgow.

“Disparando con mis ojos” poderá visitarse en Neda ata o 27 de novembro, de luns a venres, de 10 a 12 horas e de 16 a 20 horas. E tamén os sábados pola tarde.

Share.

Comments are closed.