A Casa das Palmeiras acollerá este venres 18 de marzo a presentación da novela “El acertijo de Anat”, de Stephanie Olwen. Será a partir das 19 horas, e as persoas interesadas en reservar a súa praza poden facelo chamando ao 981 39 02 33.
A obra aborda a historia de Anat, unha moza de orixe exipcio que se ve involucrada nunha serie de acontecementos que a conducirán a descubrir a súa verdadeira identidade. Xunto a Enoch, un misterioso e poderoso home, e outros inesperados individuos, adoctrinaranna e guiarán o seu camiño por extraordinarios lugares para que logre levar a cabo a preponderante misión encomendada polos deuses, co obxectivo de librar á Terra do mal á que está sometida
Nacida en Ferrol en 1985, Stephanie Olwen escribe dende nena e, a partir dos 18 anos, é cando decide compatibilizar a súa formación profesional, relacionada coa hostalería e o turismo, coa súa gran paixón. E é que, segundo recoñece, escribir forma parte da súa vida e da súa imaxinación, e é o único momento onde deixa que todos os seus sentimentos afloren e queden plasmados nunha folla para que outros poidan ler a sús creación. Hoxe en día continúa traballando como gobernanta nunha cadea hoteleira e escribindo historias que xorden na súa imaxinación. Este venres descubrirá algo da protagonizada por Anat.