A Escola Infantil Municipal de Neda inicia o curso con 32 prazas, 3 máis que o pasado exercicio. A cifra de ocupación é a máis alta das rexistradas nos últimos anos, e apenas quedan 7 vacantes -3 en crianzas; 1 na franxa de 1 a 2 anos, e outras 4 na de 2-3 anos-. De aí que, namentres no se cubra o 100% das prazas, a matrícula permaneza aberta presencialmente no rexistro municipal ou a través da sede electrónica. Ademais, desas 32 prazas, ata 12 se corresponden con novos ingresos.
Ademais, o curso comeza, como é costume, co periodo de adaptación, facilitando a incorporación das crianzas segundo as súas necesidades e ritmo.
A escola municipal é gratuíta, abre os doce meses do ano, e ofrece ás familias xornadas adaptadas ás súas necesidades de conciliación. Aposta polo xogo e a experimentación como estratexias para a aprendizaxe, e incide na alimentación saudable, contando con cociña propia.
A escola infantil municipal, situada xunto ao instituto local, vai destinada de forma preferente a familias empadroadas no municipio, e nela, o Concello inviste cada ano preto de 200.000 euros -a achega autonómica ascende a 52.000 euros-.