A COLECTIVA inaugura a mostra “Arte Ambulante” en Neda, con visita guiada e obradoiros dirixidos por Lúa Gándara

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A COLECTIVA, Asociación Profesional de Artistas de Galicia, inaugurará o vindeiro sábado 20 de novembro a exposición “Arte Ambulante” na Casa das Palmeiras de Neda. O acto dará comezo ás 19 horas, e non será preciso reservar entrada para participar. A partir de entón, poderá visitarse ata o 3 de decembro en horario de 18 a 20 h de luns a venres. Así mesmo, en paralelo á inauguración, desenvolveranse 2 actividades: unha visita guiada da man dalgún dos 9 artistas participantes, na que explicarán as súas pezas e métodos creativos, e un obradoiro coa artista Lúa Gándara. Este último, celebrarase ese mesmo sábado de 11 a 14 horas para persoas adultas e de 16,30 a 18,30 h para nenos e nenas de 5 a 12 anos, e neles traballaranse nocións básicas de cor e composición. As prazas son limitadas e deben reservarse previamente chamando ao 981 39 02 33 (de 9 a 13 e de 16 a 20 h de luns a venres).

“Arte Ambulante” é un proxecto de A COLECTIVA co apoio da Deputación da Coruña que ten como obxectivo ofrecer un programa de arte contemporánea  accesible e multidisciplinar. Nove artistas asinan a expo:

Natasha Lelenco (Pintura), Alejandro Rego (Fotografía), Lúa Gándara (Pintura), Marco Moreira (Debuxo-Instalación), María Magán (Escritura-instalación), Miguel Mariño (Vídeo), David Fidalgo (Vídeo), Pepe Galán (Escultura), Ruth Montiel (Fotografía), e Paula Aneiros (Pintura).

Share.

Comments are closed.