A Casa das Palmeiras acollerá a presentación da novela “Romanza de los naranjos en flor”, do escritor e investigador Juan Galán

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O escritor e investigador da Memoria Histórica Juan Galán presentará en Neda a súa última novela: “Romanza de los naranjos en flor”. O acto terá lugar o xoves 4 de novembro na Casa das Palmeiras, a partir das 20 horas, e no mesmo, o autor estará acompañado da poeta Amelia de Querol Orozco. As persoas interesadas en asistir poden reservar dende hoxe a súa butaca chamando ao teléfono 981 39 02 33.

“Romanza de los naranjos en flor” é unha novela que transcorre durante a Guerra Civil Española.  O seu autor defínea como una combinación de novela histórica e de intriga. «O testemuño dunha traxedia colectiva contada a través da historia de dúas persoas cuxas vidas discorren en paralelo sen vínculo entre elas, Alfonso Castro Weiss, falanxista coruñés, avogado e fillo dun republicano nado en Ferrol, e Miguel Artimes Chaira, violinista ovetense afiliado á C.N.T». Eles son os protagonistas dunha trama na que ambos acaban confluíndo no campo de concentración do mosteiro de Oia en Pontevedra. Non é unha novela de guerra, apunta Juan Galán, «aínda que o elemento principal é a represión sufrida polos prisioneiros republicanos».

Share.

Comments are closed.