Mércores, Febreiro 21

A casa das palmeiras acolle o venres a presentación do primeiro libro infantil da escritora Sara González

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A escritora Sara González Veiga, veciña de Neda, presentará este venres, 25 de agosto, na Casa das Palmeiras o libro co que se estrea no mundo da literatura infantil. A obra, a primeira tamén que edita integramente en galego (se ben conta ademais con versión en castelán), leva por título Onde está o meu nome? / Dónde esta mi nombre?, e trátase dun conto para os máis pequenos da casa.

O acto, que estará aberto ao conxunto da cidadanía, terá lugar a partir das 20 horas e, tal e como apunta a escritora, o público asistente terá a oportunidade de mercar un exemplar da obra e levalo asinado.

O conto, ilustrado por Macarena Bravo, constitúa a particular homenaxe que Sara González quixo facer a unha das súas amigas e ao seu fillo, partindo das dúbidas que esta tiña ao respecto de como bautizar ao bebé que esperaba.

O protagonista do libro e un elefante que nace sen nome e que, en compañía dunha amiga, unha cadela sen familia, inicia unha singular viaxe na busca dun nome. Un percorrido que os leva de Galicia a Estremadura- de onde procede a amiga que inspira a historia- e a países como Italia ou Grecia antes de regresar de novo á nosa terra.

Explica a autora que a obra busca transmitir a importancia da familia, da amizade, do coidado animal, do papel das mascotas nos fogares… e está orientada tanto para unha lectura en familia como para nenos e nenas que xa poden ler de forma autónoma.

Onde está o meu nome? / ¿Dónde está mi nombre?  supón un xiro notable na obra de Sara González (Neda,1997) cuxos primeiros libros –Escenas de una vida entre líneas e La intensidad del alma– tiñan moi presente os temas sociais, a igualdade de oportunidades e as distintas formas de violencia de xénero, e estaban dirixidos ao público adulto.

Share.

Comments are closed.