Mércores, Decembro 4

A Casa das palmeiras acolle este venres a presentación da terceira novela de Juan Galán

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

En plena celebración do mes do libro, o Concello de Neda programa este venres, a partir das 20.30 h, unha nova presentación literaria na Casa das palmeiras. Desta volta, Juan Galán achegarase á vila para falar do seu último libro, o thriller Las tribulaciones de Bruno Lamas.

A obra, editada por Círculo Rojo, trátase dunha trama política ambientada na ditadura franquista, cun relato central ao redor da degradación do xornalista Bruno Lamas, confidente Brigada Político Social, ao que se suman outras tramas como a investigación sobre o naufraxio do Santa Isabel en Sálvora.

Na presentación da que é xa a súa terceira novela, Galán, escritor e investigador da Memoria Histórica, estará acompañado pola autora local Sara González Veiga.

Grazas a Las tribulaciones de Bruno Lamas, os lectores de Neda terán a ocasión de reencontrarse co autor coruñés, afincado en Ferrolterra. Galán xa estivera na vila para falar do seu debut literario (Romanza de los naranjos en flor ) e posteriormente coa súa segunda novela El eco de tu voz.

Share.

Comments are closed.