A Casa das Palmeiras acolle a inauguración da exposición fotográfica “A fuxida do Bou Ramón”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa das Palmeiras acollerá este venres ás 18:00 horas o acto de inauguración oficial da exposición fotográfica “A fuxida do Bou Ramón”, que aborda graficamente a historia de 27 republicanos que, en 1939, marcharon de Ares cara a liberdade. Aberto á veciñanza, incluirá a proxección dun documental, a presentación do libro sobre estes feitos históricos escrito por Enrique Barrera e Eliseo Fernández e unha visita guiada á mostra. Chega a Neda da man da Asociación Memoria Histórica Democrática.

A partir da inauguración, poderá visitarse no centro cultural nedense do 7 ao 9 e do 14 ao 16 de febreiro de 18 a 20 horas. Así mesmo, o Concello organizará visitas guiadas ao longo das próximas xornadas dirixidas ao alumnado do IES Fernando Esquío.

Share.

Comments are closed.