Domingo, Novembro 3

A Casa da Cultura de Neda acolle o sábado o pleno de constitución da nova corporación municipal e a toma de posesión do alcalde

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa da Cultura de Neda acollerá este sábado, 17 de xuño, a constitución da nova Corporación Municipal de Neda. Ás 12 horas dará comezo a sesión plenaria na que tomarán posesión os once concelleiros e concelleiras, que representarán á veciñanza durante os próximos catro anos, e se procederá á elección de alcalde.

Conforme aos resultados dos recentes comicios municipais, nos que o Partido Socialista obtivo 1.324 votos, fronte aos 576 do Partido Popular, 416 do Bloque Nacionalista Galego e 306 de Movemento Veciñal de Neda, a nova corporación estará integrada por un total de seis edís do PSOE, dous do PP, dous de BNG e un de Moveneda.

Na reunión plenaria deste sábado, os concelleiros/as electos deberán xurar ou prometer que cumprirán coas obrigas do cargo e, unha vez que se declare formalmente constituída a corporación, procederán á elección de alcalde. Serán candidatos os concelleiros e a concelleira que encabezaron as respectivas listas electorais e, segundo apunta a lei, se ningún obtén a maioría absoluta, será proclamado o candidato da lista máis votada o pasado 28 de maio.

Finalmente, antes de comezar o exercicio das súas funcións, o rexedor terá que xurar ou prometer o seu cargo e tomar posesión ante o Pleno da Corporación.

Share.

Comments are closed.