A Casa da Cultura de Neda acollerá este xoves ás 19 horas a proxección do documental “A memoria do salón da Ribeira”. Un traballo que rescata e pon en valor a historia deste espazo, activo entre finais do século XIX e principios do XX, propiedade de Elisa Rey Prieto-Inclán e José Yáñez. A través dos recordos de Rosa, Beatriz, Pachú e Carmen, veciñas do lugar, a directora do Festival Jazz de Ría, Aitana Cuétara, puido ir reconstruíndo a memoria deste mítico salón, accesible agora a través deste traballo audiovisual.
Para asistir á estrea é preciso reservar praza chamando ao 981 39 02 33 en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 h.