Martes, Decembro 3

A Casa da Cultura acolle este venres a presentación de “Escenas de una vida entre líneas”, primeiro libro de Sara González Veiga

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

“Escenas de una vida entre líneas” é o título do primeiro libro de Sara González Veiga, veciña de Neda e estudante de Dereito e Relacións Laborais. Un compendio de relatos curtos, independentes entre si, pero cun nexo en común: todos eles reflicten historias reais, cotiás, que calquera pode ter vivido. Así resume Sara a súa obra, que este venres 9 de xullo presentará na súa vila natal. O acto terá lugar na Casa da Cultura, a partir das 20 horas, e dado o aforo limitado que impón a covid, as persoas interesadas en acudir deben reservar a súa praza chamando ao 981 39 02 33 en horario de 10 a 14 horas.

Sara, apaixoada da escritura e con experiencia en varios certames literarios, sempre con relatos curtos, asinará exemplares da súa obra ao remate da presentación. Ademais de poder adquirila este venres, está xa á venda en diferentes librerías da cidade naval.

 

Share.

Comments are closed.