A Cabalgata de Reis percorrerá Neda este mércores

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Unhas horas antes de iniciar a súa viaxe por todos os fogares do mundo para deixar os agasallos, os Reis Magos visitarán Neda este mércores, 5 de xaneiro, para realizar un percorrido polo municipio e saudar así aos nenos e nenas. Seguindo a filosofía do pasado ano, e atendendo á situación que estamos a vivir, a cabalgata adaptarase ás novas circunstancias realizando un itinerario moito máis amplo do habitual para tentar abarcar a maior parte do territorio e evitar aglomeracións.

En todo caso, o itinerario deseñado arrancará ás 10 horas e prolongarase durante toda a mañá para, tras unha breve pausa ao mediodía, continuar pola tarde. Iso si, o Concello está moi pendente das previsións meteorolóxicas, que anuncian fortes choivas pola mañá, polo que en función de como evolucione a situación tentaríase adaptar o horario previsto, concentrando pola tarde o itinerario. Decisións que se anunciarían a través de web e redes sociais.

Así, a día de hoxe, paradas e horarios son os que se acompañan na imaxe. A intención é chegar ao maior número de fogares, aínda que polas dimensións das carrozas non é posible cubrir o 100% do territorio, cuestión pola que o Concello pide comprensión e desculpas de antemán.

Share.

Comments are closed.