Co outono a piques de comezar e o curso escolar xa en marcha, a biblioteca municipal de Neda deixa atrás o seu horario de verán. A parte deste luns, as instalacións culturais estarán operativas durante máis horas e recuperan a xornada de mañá e de tarde.
O equipamento central da casa da cultura abrirá de luns a xoves de 9 a 13 horas e, polas tardes, de 16 a 20 h. Os venres funcionará só de mañás, entre as 9 e as 13 horas. Neste tempo estarán dispoñibles para a lectura e estudo tanto a sección infantil como a de adultos e estarán operativos os préstamos en sala e a domicilio.
A biblioteca de Neda afronta unha tempada especial, pois o Concello de Neda ten previsto renovar antes de que finalice o ano boa parte dos seu mobiliario. Unha actuación, co apoio da Consellería de Cultura, que suporá a substitución de boa parte das librerías, co fin de garantir a axeitada conservación dos fondos existentes, dotar de equipos informáticos á sala, e actualizar a súa imaxe.