A bandeira do arco da vella loce dende este venres ao mediodía no balcón da Casa Consistorial de Neda. Co gallo da celebración o 28 de xuño do Día internacional do Orgullo LGTBI, o Concello adheriuse á declaración institucional da FEMP, referendando así o compromiso municipal de seguir defendendo a igualdade real e efectiva das persoas LGTBI e a convivencia democrática, baseada no respecto, a liberdade e a dignidade, na que non teñan cabida os discursos de odio contra ese colectivo. Ademais, a administración local súmase á campaña provincial “Liberdade de ser e de sentir”, poñendo á disposición da veciñanza no propio concello e na piscina municipal os abanicos que dan visibilidade á iniciativa.
ADHESIÓN DECLARACIÓN INSTITUIONAL FEMP- DÍA INTERNACIONAL ORGULLO LGTBI