Sábado, Decembro 9

A Asociación de Amas de Casa abre inscricións nas súas clases de mindfulness, pintura e costura

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Asociación de Amas de Casa de Neda arrancará en outubro o curso cunha programación de actividades variada que inclúe midfulness, pintura e costura. Actividades para as que vén de abrir inscricións chamando ao teléfono da entidade 650 112 524 ou a través do correo amascasaneda@gmail.com. Todas elas celebraranse no local social sito na Toeleira, de titularidade municipal e cedido á asociación mediante un acordo de colaboración.

Así, mindfulness celebrarase os venres ás 17:00 horas, con sesións de hora e media de duración e grupos reducidos guiados por Vicente Sueiras, responsable do ximnasio BeniGym. As clases de costura, para as que non se precisan coñecementos previos e requerirán dun mínimo de participación, desenvolveranse os mércores de 17:00 a 19:00 horas, namentras que as de pintura, coa socia Carla Villaamil como mestra, están marcadas na axenda dos martes, de 17:00 a 19:00 h.

Dende a asociación, anímase á veciñanza a coñecer a programación e participar na mesma, e explican que en caso de demanda poderíanse crear diferentes grupos e adaptar horarios.

Share.

Comments are closed.