A 17ª Xuntanza de Palilleiras de Neda celebrarase no pavillón municipal o 25 de febreiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Xa temos data para a 17ª “Xuntanza de Palilleiras de Neda. Presente, pasado e futuro do arte do encaixe”. Organizada pola Asociación Filigrana, celebrarase o vindeiro 25 de febreiro no pavillón municipal San Isidro, e contará un ano máis co apoio de Deputación e Concello. Retómase así un encontro que ata a pandemia da covid-19 convertía cada ano a Neda en capital galega do encaixe, secundado por centos de palilleiras procedentes de toda a Comunidade e respaldado tamén polo público, fiel á cita.

A asociación confía en reeditar eses apoios nesta edición, na que leva traballando durante meses. Así, nestes momentos e ata o vindeiro 18 de febreiro, manterá aberto o prazo de inscrición para participar na xuntanza a través do teléfono 637 732 668 -operativo en horario de tarde ou enviando un whatsapp sinalando o nome da asociación, número de participantes e nome da profesora-.

O que si está pechado é o plánning da xornada, que arrancará ás 11:00 horas co acto de inauguración oficial, presidido polo alcalde, Ángel Alvariño. Así, o público poderá achegarse ao labor das palilleiras, e coñecer as diferentes técnicas, ata as 13:30 horas, e tras un parón para o xantar, a xuntanza retomarase ás 16:00 horas, ata as 18:00 h. Unha cita para apreciar un labor artesanal e con oficio.

Share.

Comments are closed.